Santa Baia de Boimorto

Consta documentalmente a existencia no territorio dunha primitiva e sinxela igrexa parroquial de tradición románico-gótica. No ano de 1728, reunidos os veciños da freguesía, acordan que se reedifique “a cimentis”, é dicir, a igrexa na súa totalidade, por ser “vella, pequena e pouco capaz”. Así no ano 1734, a nova igrexa parroquial, que en esencia é a actual conservada, remata a súa construcción. O templo, situado no lugar de Boimorto, é de cantería, dunha nave, con capela maior (presbiterio) máis elevada, de planta cadrada e cuberto a catro augas. Ten sancristía a carón do Evanxeo. Fachada lisa con dous ocos na espadana, rematada con frontón triangular. O retablo maior é de época barroca avanzada, con estípites. Os laterais son de estilos historicistas (neogóticos), de principios do século XX. Do conxunto de imaxes destacan a da Inmaculada, obra barroca contemporánea do retablo maior, representada pisando ó dragón infernal (o diaño).

 

A igrexa, de orixe románico-gótico, evoluciona na súa fachada ao barroco rural. Realizada en cachotería, de nave única, con capela maior (presbiterio) máis elevada, de planta cadrada e cuberta a catro augas. Fachada cunha porta adintelada e rematada cunha espadá arredorada cun frontón triangular con veleta.

Ermidas:
Capela da advocación da Nosa Señora da Esperanza, no lugar de Ermida-Bouzas, da que se posúen noticias históricas da súa existencia dende o ano 1678.

Cruceiros:
Un próximo á igrexa parroquial co seu “pousadoiro” (mesa de pedra), para colocar o Santísimo na procesión do Corpus. É obra popular do século XIX.

 

Cruceiro de cuatro peldaños,

pequeño pedestal, fuste cilíndrico

y capitel geométrico y cruz

sencilla. Pequeño banco sobre

pedestal.

 

Hórreos:
Abundantes en toda a parroquia. Moi interesantes e de arquitectura popular, obras do século XX, na localidade de Bouzas.

Fontes:
Do primeiro cuarto do século XX no Campo de Bouzas, onde tamén se conserva un palco, obra de arquitectura funcional e construcción recente e coa lenda: “Asociación Xuvenil Virxe da Esperanza: Bouzas”.

Eiras:
Comunal, no lugar de Bouzas.

Casas grandes:
Casas Grandes dos Pernas, no lugar de Bouzas. Dúas casas de bo cadeirado, separadas polo camiño de acceso á estrada xeral Ourense-Santiago.

Casas de arquitectura popular:
Casa de Silvaboa, no lugar de Bouzas, magníficamente restaurada, con forno e solaina.

Alpendres:
No Campo de Bouzas. Construcción popular usada nas feiras como lugar improvisado no que se ofertaban roupas…, ademáis de servirlle de albergue ás polbeiras. A saída de Boimorto, chama a atención un palleiro, incardinado nunha natural vexetación que o rodea.