Industria
A industria e o comercio estiveron moi mediatizados pola importancia do sector primario e pola proximidade á capital. Consecuencia do primeiro, e ata a chegada da crise no ano 2008, é o predominio das industrias intensivas en recursos naturais, en particular a madeira, que aproveitando a grande produción forestal, dá lugar a unha industria transformadora que en primeira fase aparecía representada polos serradoiros, de longa tradición na zona. Moi ligada a estes desenvolvíase unha segunda fase na que se elaboraban taboleiros, chapas e outros productos derivados. Xa desligada destes procesos, pero fortemente vinculada ó sector, atopábamonos con fábricas de mobles de cociña en plena expansión. Tódalas industrias do sector madeireiro correspóndense con pequenas e medianas empresas, en moitos casos de carácter familiar. Estas tamén se converteron nas maiores xeradoras de emprego. Na actualidade este sector, ainda que diminuido considerablemente, segue a ser dos principais.
Hoxe en día, a meirande parte das actividades, están relacionadas co sector da construcción, especialmente no eido das reformas, e tamén coa alimentación, abranguendo dende a producción ou cultivo ata a comercialización.
Xa por detrás, pero nun número significativo, están as actividades relacionadas co sector servicios, automoción, hostalería e industria transformadora.
A proximidade a capital atrae outra actividade: o almacenamento, que busca lugares de fácil acceso e solo asequible, arredor das estradas Ourense-Santiago e en menor medida Ourense-Lugo, onde proliferan as naves adicadas para tal fin, destacando as de productos alimenticios. As estradas principais tamén se terían convertido en lugares elixidos para situar pequenas industrias ou talleres de carpintería, aluminio ou ferro.
Co gallo de potenciar a industria e favorecer o asentamento da poboación naceu a idea da construcción dun parque empresarial en Tamallancos, cunha superficie de 300.000 m2. Este parque empresarial ofrece todos os servicios que require unha instalación industrial deste tipo: vías, comunicacións, fibra óptica… Ca mesma finalidade de favorecer o asentamento da poboación foi construido un grupo de vivendas unifamiliares de protección oficial, contando con todos os servicios propios dunha urbanización moderna.