Sector Servizos
O número de traballadores no sector terciario é o menos significativo da poboación activa do concello. Ata agora predominaban nel as persoas ligadas ó ramo da hostalería e da alimentación e, en número máis reducido, as adicadas ó pequeno comercio; outro pequeno número ocúpase dos servizos administrativos, educativos e sanitarios. Hoxe este sector estase vendo incrementado.