Historia e escudo

O escudo:   
 

escudo

Símbolo do Concello e resumo da súa historia, é o escudo oficial de Vilamarín, aprobado o día 1 de Setembro de 1988 pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia.

 O escudo proposto polo Concello, é o  que campea no pazo-fortaleza de Vilamarín e que consiste en escudo de gules (vermello) con cinco crecentes de prata postos en aspa, e sobre cada unha delas unha estrela de ouro, vai timbrado con coroa real pechada. A parroquia de Vilamarín emprega como selo, dende comezos do século XX, o que leva a Santiago, cabaleiro matamouros.

 

 O topónimo:

 O topónimo Vilamarín, ou “Vila Marini”, fálanos do  nome dun posesor, Marinus, da época sueva, ou dos tempos da repoboación feita polo rei Alfonso III a finais do século IX.

 Pero, de moito antes, temos vestixios que nos aseguran unha relativa importancia desta xeografía, atractiva para o asentamento do home.