Ó igual que o resto dos pequenos concellos do interior de Galicia, Vilamarín tamén está a sufrir as consecuencias do envellecemento e o conseguinte despoboamento. A media de idade dos habitantes é alta, os nacementos escasos e os falecementos continuos. É esta unha hemorraxia que convén atallar canto antes. Pero é tarde para que a rexeneración se leve a cabo por sí soa, polo que dependerá en gran medida da efectividade das políticas que decidan activar as diferentes institucións de cara a reverter tal situación.
A modo de exemplo podemos ver os seguintes documentos que certifican as afirmacións anteriores:
Evolución da poboación de Galicia, Ourense e Vilamarín no século XX
Evolución porcentual da poboación de Galicia, Ourense e Vilamarín referida ó ano 1900