Edificio de recente construcción, baixo proxecto de D. Aurelio Outeiriño Fernández e D. José Ángel Rodríguez Rodríguez, que parten das premisas de funcionalidade e máxima adaptación ó entorno; está destinado a albergar as dependencias municipais e usos polivalentes, centralizando os servizos para evitar desprazamentos innecesarios ós veciños.
O desexo do equipo municipal é que o edificio adquira unha nova dimensión en consoancia cas demandas da actual poboación, para iso contará con unha dependencia destinada a actividades da terceira idade, ca oficiña de información xuvenil e con outros espazos destinados a labores socioculturais como a dependencia multiusos, o auditorio e unha sala de preparación física e tonificación muscular.
Nestas instalacións desenvólvese a xestión dos servizos municipales tanto internos como externos.
- Padrón.
- Rexistro civil.
- Licenzas municipais, urbanísticas, e comunicacións previas.
- Alumeado público.
- Recollida do lixo.
- Abastecemento de augas.
- Sumidoiros e saneamento.
- Limpeza viaria e de espazos públicos.
- Accesibilidade a núcleos de poboación.
- Pavimentación das vías públicas.
- Recuperación do patrimonio e parques.
- Area de orientación laboral, emprego e promoción económica.
- SAF (Servizo de Axuda no Fogar).
- PIC (Punto información catastral).
- Xulgado de Paz.
- Casa da Cultura.
- Auditorio.
- Biblioteca municipal.
- Museo etnográfico.
- Ximnasio municipal.
- Piscina minicipal.
- Campo de fútbol.
- Velorio municipal.
Dirección: Avda. Santiago Apóstolo, nº5, 32101, Vilamarín.
Correo electrónico: concello.vilamarín@eidolocal.es
Teléfono: 988 28 60 00