Casa da cultura

No ano 2004, tamén na área de servizos do Concello de Vilamarín, e promovido polo propio Concello, levantouse o edificio da Casa de Cultura. Deseñado pola arquitecta galega Dna. Elvira Carregado, o edificio foi concebido para crear espazos diáfanos.Image removed. Consta de dúas plantas ou nivéis que albergan as seguintes dependencias:

Planta principal:

Biblioteca. Integrada na Rede Nacional de Bibliotecas, conta con máis de 4000 volumes, dos cales a terceira parte está adicada a literatura infantil e xuvenil. En ela se teñen desenvolvido actividades de animación a lectura, obradoiros de contos, arqueoloxía e xogos populares.

Aulas multiusos, como por exemplo a aula de informática, dotada con modernos equipos e conexión a Internet.

Planta baixa:

Museo etnográfico, de recente creación, posee una numerosa e interesante colección de pezas da zona.

Teléfono de contacto: 988286169.