Este edificio, inaugurado o 28 de xullo de 2005 polo expresidente da Xunta, D. Manuel Fraga, tamén se atopa na área de servizos do Concello. Conta cun esceario de 50 m2 (ampliables) e unha capacidade para 300 persoas. Ademais o auditorio está equipado cunha iluminación moderna e vangardista, un canón proxector, un telón eléctrico…
Recentemente, D. Amador Vázquez, presente alcalde, mantivo unha reunión cos máis xoves do concello para realizar unha serie de propostas sobre o futuro uso do edificio. Nela se acordou que se leve a cabo unha actividade mensual para os mozos (charlas, debates…).
E como derradeiro apunte debemos destacar a edición das “Noites Teatráis”, as cales forman un referente artístico-cultural ó longo de toda a provincia.
Ó longo do tempo, estas instalacións teñen albergado acontecementos tales como:
- Noites teatrais
- Espectáculos folklóricos e musicais
- Conferencias e charlas
- Espectáculos navideños…