Parque empresarial

Parque Empresarial


 

O Parque Empresarial de Vilamarín en Tamallancos atópase nunha situación xeográfica privilexiada, non só pola súa proximidade á capital da provincia, senón tamén por estar rodeado polas estradas nacionais N-525 e N-540. Ademais, está en proxecto a conexión coa futura autovía Ourense – Lugo.

Conta cunha superficie total de 450.000 m² distribuídos en dúas fases, sendo inaugurado en outubro de 2004. Dende entón, a demanda de solo foi constante, chegando na actualidade a unha ocupación de aproximadamente un 80%, cun total de 25 empresas que xeran un emprego directo superior aos 350 postos de traballo.