
Parroquia creada no ano 1958. A igrexa actual, dunha nave, é de estilo funcional, propia dunha construción do século XX. Ten torre cadrada. No seu interior destacan as imaxes dun Crucificado e un San Xosé, obras do escultor Aldrei. Interesante sagrario con esmaltes.
Ermidas:
No lugar de San Martiño, capela privada da Casa-Pazo de San Martiño, en estado de abandono. Sobre o seu lintel, lese: ANO DE 1852. DOMUS MEA, DOMUS ORATIONIS VOCABITUR. DN RAMON DE VILLARINO E A SÚA ESPOSA DOÑA CARLOTA AGÜERO, FUNDARON.
Hórreos:
Interesante conxunto de hórreos populares no lugar de Portamieiro. Tamén en Pazos do Monte.
Fontes:
En Pazos do Monte, de pedra. Popular.
Eiras:
En Pazos do Monte, Portamieiro e Delvezón.
Fornos:
No lugar de Pazos do Monte.
Muíños:
Do Estudiante. Moi interesante e de alto valor etnográfico, conservado en Pazos do Monte. Tres muíños, tamén de carácter singular, no lugar de Portamieiro e outro en Delvezón.
Casas Grandes:
En Pazos do Monte, casa brasonada "do Estudiante", con labra heráldica do século XVII, segunda metade. Este edificio axústase, na súa disposición arquitectónica, á planta común deste tipo de construcións.
En San Martiño, casa fidalga, en mal estado de conservación. Dispón de oratorio anexo, en estado de ruína.
Casas de arquitectura popular:
Unha no lugar de Delvezón, en pedra de granito. Ano 1885, escrito no lintel.
Casa de D. Manuel Vázquez ("O Meriz"), na localidade de Portamieiro. Obra en pedra de "perpiaño", con balconada de ferro e magnífica solaina. E, desde logo, un conxunto de arquitectura popular importante dende o punto de vista etnográfico. Ano 1927.