San Román de Viña

É parroquia repartida entre o Concello de Cea e o de Vilamarín, pertencendo a este último o lugar de Rozadas. A parroquia de San Román de Viña é freguesía que dependeu do Mosteiro Cistercense de Oseira. A  súa prioral-rectoral está no lugar de Faramontaos. É indubidable que este edificio eclesial tivo unha orixe medieval, perfectamente documentada polos restos conservados. Consta tamén documentalmente que nesta parroquia funcionan as Confrarías da Nosa Señora da Natividade, a Irmandade do Santísimo e a do Rosario. O ano 1755 marca unha etapa constructiva que configura á igrexa como a contemplamos na actualidade reedificándose na súa totalidade.