RUTA DOS PAZOS:

Circular de 11 km. Iníciase ao carón do Pazo de Vilamarín. Ao longo do percorrido atopamos tamén os pazos de Tamallancos e Sobreira.
Transcorre á súa vez por parte do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio (Vía da Prata).
RUTA DE PORTAMIEIRO A DELVEZÓN
HIPICA
ACOUGO (Enlace Web)
Acougo - Centro de lecer na Natureza (40.000 metros cadrados).
Ofrece aos visitantes un espazo onde gozar de actividades lúdicas, de lecer e de tempo libre, así como actividades sociais e culturais, preservando en todo momento o privilexiado entorno natural e rural no que nos atopamos.
Dirección: Sobreira, 148 CP: 32140 Vilamarín (Ourense)
Móbil: 663 831 943