Gardería

Image removed.

Este outro edificio,  tamén ubicado na zona de servizos do Concello, inaugurado en setembro do 2008, conta con capacidade para 41 nenos de entre 3 meses a 3 anos. Este centro se distribue en salas perfectamente acondicionadas para a súa función. Consta de recibidor e sala de usos multiples, aula “Rincón das letras”, aula “Rincón de grafo e motricidade”, “Rincón de xogo”, dormitorio, cociña e aseos.

Horario e calendario escolar:

O centro permanecerá aberto dende o 1 de setembro, de luns a venres dende as 8:00 ata as 15:00.

Documentos precisos para a inscripción:

  • Fotocopia do libro de familia onde conste o  nome do alumno/a para o que se solicita o ingreso.
  • Fotocopia do D.N.I. dos pais, tutores ou representantes legais.
  • Certificado de empadroamento e convivencia expedido polo Concello.
  • Certificado médico do neno/a acreditando que non sofre enfermidade infecto-contaxiosa.
  • Fotocopia da tarxeta de vacinacións.
  • Fotocopia da tarxeta da seguridade social ou documento equivalente.
  • Tres fotografías tamaño carné.
  • Autorización por escrito das persoas que poden recoller o neno/a.
  • En caso de que o neno/a esté suxeito a algún tratamento médico, será precisa a autorización por escrito dos pais, tutores ou representantes legais, indicando as características do tratamento e as horas de administración da dose correspondente.
  • Informe dos pais, tutores ou representantes.