Fogar do maior

Image removed.Este edificio é un dos máis significativos dos que integran a nova área funcional de Vilamarín. Dende o punto de vista constructivo o elemento básico é a pedra de granito. No que se refire ó seu deseño a pranta responde a unha sinxela forma rectángular, abríndose o edificio ó exterior por medio de galerías, facilitando ás persoas que acolle unha gran luminosidade e unha excelente visibilidade hacia o exterior o longo de todo o día, característica tradicional na arquitectura galega.

Foi construido en terreo cedido polo Concello (parcela de 4000 metros cadrados, máis un aporte económico importante, máis a licenza municipal) á Fundación San Rosendo, entidade que o xestiona actualmente.

O proxecto foi encargado ó Doctor ourensán Pérez de Juan. No ano 2001 entraba en funcionamento cunha capacidade de corenta prazas, resolvéndose así un problema latente na nosa sociedade e de vital importancia como é o de dar a atención que se merecen ás persoas maiores e evitar que a necesidade os obrigase a abandoar a súa contorna.

Teléfono de contacto: 988 286 162, 988 286 157.