Erro
  • JFTP: :connect: non foi posíbel conectar ao servidor ' i-concellos.depourense.es ' no porto ' 21 '

Noticia
  • Image could not be created 'cache/e/6e20083c92a00e95128874f73e0c19fb.jpg'
  • Image could not be created 'cache/e/6e20083c92a00e95128874f73e0c19fb.jpg'

LOCALIZACION E MEDIO FÍSICO:

Situado no norte da provincia e a 17 kilómetros a súa capital (Ourense), o concello de Vilamarín ocupa unha superficie de 56 kms cadrados. Atópase aproximadamente a 42º 28´ de latitude norte e a 7º 55´ de lonxitude oeste.

Os seus límites son: polo norte o Concello de Carballedo (Lugo), polo leste o Concello de A Peroxa, polo sur o Concello de Amoeiro e polo oeste o Concello de San Cristovo de Cea.

 Vilamarín comprende nove parroquias: Boimorto, León, Orbán, Pazos de Monte, Reádegos, Río, Sobreira, Tamallancos e Vilamarín. A súa vez, cada unha delas conta con lugares, aldeas e caseríos.

mapa

Mapa estradas:

 Cidades e vilas próximos a Vilamarín:

  • – San Cristobo de Cea: 7.7 km
  • – Amoeiro: 7.9 km
  • – Coles: 8.4 km
  • – A Peroxa: 8.5 km
  • – Piñor: 9.9 km
  • – Carballedo: 11.6 km
  • – Maside: 12.4 km
  • – Punxín: 13.8 km
  • – Ourense: 14.1 km
  • – Pereiro de Aguiar: 14.8 km
  • – Nogueira de Ramuín: 14.8 km
Ver mapa máis grande

   Medio  físico

 Convén ter presente a existencia de dúas zonas:

 Unha que ocupa o terzo norte e o ángulo sureste (Belquirime-Fontedemouros), caracterizada pola súa paisaxe montañosa, con pendentes entre o 7% e o 30% e onde os ríos transcorren por canles encaixadas. En canto o seu substrato está formado por materiais moi alterados.

  Outra zona ocupa o resto do municipio e presenta unha fisonomía máis ondulada con pendentes inferiores ó 7%. O seu substrato, o igual que na anterior, atópase formado por materiais moi alterados.

 O relevo caracterízase polo seu marcado aplanamento, prolongación dos Chaos de Amoeiro, e porque coincide en parte co chanzo de menos altitude da Serra do Faro.

 A Serra da Martiñá é rica en granito e rochas desta familia e na que a disclasación dos materiais favorece a presenza de formas e microformas, confire personalidade á paisaxe da zona setentrional do Concello, ademais de albergar as maiores alturas, como sucede con A Pedriza (822 m), xa no límite con San Cristobo de Cea, e o Penedo Sarnoso (751 m), no límite ca Provincia de Lugo.

  No ángulo nordés álzanse os montes de Orbán. A medida que se descende cara o sur, as cotas perden altura, non chegando ningunha ós 700 metros; a máis coñecida polos seus restos arqueolóxicos é Santa Águeda (628 m).

  As terras de maior altitude atópanse na franxa norte e leste do municipio, onde se superan os 700 metros, por exemplo, nas estribacións da Serra da Martiñá, con 774 metros.

  O resto do territorio está marcado polo Río Barbantiño, afluinte do Miño, nacido nas terras do norte do Concello e que o atravesa de nordeste a suroeste, dando lugar a un elevado val.

   Cunha altitude media de 500 metros, destaca como núcleo de poboación de menor altitude Arbor (380 m) e o de maior Toldavía (648 m). Nas terras que se sitúan o sur están as altitudes máis baixas, roldando os 400 metros.