Medio Ambiente

 

   É o noso un concello comprometido co medio ambiente. Proba disto é que foi un dos primeiros concellos rurais da provincia en establecer a recollida do lixo, así como a realización das redes de saneamento en cada pobo ou aldea.

   En canto á vivenda, outro tema que preocupa ó concello, búscase harmonizar esta demanda coas características naturais da zona. Para iso intenta a convivencia das formas tradicionais, mantidas coa colaboración dos veciños a través de rehabilitacións, con outras formas que demanda o novo sistema de vida. A posible rivalidade entre ambas concepcións procura evitarse nun Concello que quere abrirse á capital da provincia. Para iso, foméntase o popular alí onde xa existe, así como no seu contorno, e permítense novas expresións naqueles lugares onde non hai posibilidade de interferencias co que xa existe e, iso sí, vixiando que non se creen estridencias na paisaxe.

   No que atingue a flora e fauna dicir que éstas son moi representativas da Galicia interior.

   Así, no caso da flora arbórea, ésta está composta básicamente por amieiros, bidueiros, buxos, carballos, castiñeiros, eucaliptos, freixos, loureiros, mimosas, piñeiros, salgueiros, sobreiros. Ademais de frutais como abeleiras, cerdeiras, ciroleiras, figueiras, laranxeiras, limoeiros, maceiras, membrilleiros, nogueiras, oliveiras, pereiras. En canto a flora baixa destacar o toxo, o breixo (uz), a xesta, a silva, o carrasco, a carqueixa, o fento ademais de todas as prantas adicadas ós cultivos agrícolas.

  Por outro lado a fauna no concello de Vilamarín ten unha ampla representación que podemos clasificar en:

  Anfibios: ra parda, ra común, sapo ibérico, tritón ibérico pardo, tritón marmoreado.

   Reptís: cobra lagarteira, cobra de colar, eslizón tridátilo ibérico, escáncer común, esgonzo común,  lagartixa común, lagarto arnau, lagarto das silveiras, lución.

   Aves: aforra, agateador común, aguia cobreira, aguilucho cenizo, anduriña común, bacurau, bubela, carboeiro común, carrapito, carriza, corvo común, cotovía, cuco común, curruca, curuxa, escribenta, estorniño negro, ferreiriño, gaio, gavilán común, lavandeira branca, martinete, melro común, miñato, moucho, paporrubio europeo, pardao común (gorrión), paspallás, pega, peneireiro,perdiz rubia, picapau, pito real, pomba doméstica, pomba torcaz, rula, tarabela común, urubu (ratoeiro común), verderón común e zorzal común. 

  Mamíferos: algaria, coello común, corzo, donicela, esquiu, furón, garduña, lebre, lobo, lontra, morcego, ourizo cacho, rata común, raposo, rato caseiro, teixugo, xabaril e xeneta.

  Peixes de río: troita.