Noites Teatrais                       

 

 

   Un acontecemento singular son as “Noites teatráis”, pois é un dos certames de artes escénicas máis importantes de Galicia, que se leva a cabo grazas á colaboración do Concello de Vilamarín, a Deputación Provincial de Ourense e a Consellería de Cultura e no que se dan cita o lecer, a cultura e a convivencia social. Este evento conta cunha tradición importante na axenda dos actos culturais de Ourense e tamén é referente en Galicia, cun cartel variado e entretido que conta con destacados actores e que supón unha cita ineludible para os afeccionados ó teatro.

  Trátase de que a xente da bisbarra e de toda a provincia de Ourense pase unhas horas distendidas a carón da cultura e da creatividade da escena, ademais de potenciar a nosa cultura. A comedia é o xénero máis demandado. As obras represéntanse no Auditorio Municipal, cunha capacidade para 400 persoas, sendo a entrada, de balde. Mostra da súa transcendencia é que xa vai pola edición número XXXII.


Do 15 ao 19 de xullo de 2019 volven as Noites Teatrais no Auditorio de Vilamarín ás 22:30 horas, con entrada libre ata completar aforo.