Deportes

 

A actividade deportiva converteuse nunha das demandas da poboación, sobre todo do sector dos máis xoves. Para tentar de satisfacelas, o Concello conta con un Complexo Deportivo, o “Outeiro Maior”, con instalacións deportivas gratuitas para os empadroados no Concello, integrado por:

  • Campo de fútbol.

  • Campo de fútbol sala.

  • Pista de tenis.

  • Pista de pádel.

  • Piscina.

  • Parque infantil.

  • Cafetería.

  • Zona de descanso.

  Ademais do complexo deportivo “Outeiro Maior”, existen outras pistas polideportivas en Borulfe e A Pena de Reádegos. Así mesmo contamos con un Ximnasio gratuito totalmente equipado nas dependencias do Concello.

  Podemos incluir neste apartado actividades relacionadas co deporte como poden ser as rutas de sendeirismo e as andainas promocionadas por este Concello.

  Tamén conta con outras actividades de iniciativa privada relacionadas co mundo da Hípica, así como actividades lúdicas, formativas e de ocio relacionadas co deporte.