Casa do Concello
Edificio de recente construcción, baixo proxecto de D. Aurelio Outeiriño Fernández e D. José Ángel Rodríguez Rodríguez, que parten das premisas de funcionalidade e máxima adaptación ó entorno; está destinado a albergar as dependencias municipais e usos polivalentes, centralizando os servizos para evitar desprazamentos innecesarios ós veciños.
O desexo do equipo municipal é que o edificio adquira unha nova dimensión en consoancia cas demandas da actual poboación, para iso contará con unha dependencia destinada a actividades da terceira idade, ca oficiña de información xuvenil e con outros espazos destinados a labores socioculturais como a dependencia multiusos, o auditorio e unha sala de preparación física e tonificación muscular.
Nestas instalacións desenvólvese a xestión dos servizos municipales tanto internos como externos.
-
Padrón.
-
Rexistro civil.
-
Licenzas municipais, urbanísticas, e comunicacións previas.
-
Alumeado público.
-
Recollida do lixo.
-
Abastecemento de augas.
-
Sumidoiros e saneamento.
-
Limpeza viaria e de espazos públicos.
-
Accesibilidade a núcleos de poboación.
-
Pavimentación das vías públicas.
-
Recuperación do patrimonio e parques.
-
Area de orientación laboral, emprego e promoción económica.
-
SAF (Servizo de Axuda no Fogar).
-
PIC (Punto información catastral).
-
Xulgado de Paz.
-
Casa da Cultura.
-
Auditorio.
-
Biblioteca municipal.
-
Museo etnográfico.
-
Ximnasio municipal.
-
Piscina minicipal.
-
Campo de fútbol.
-
Velorio municipal.
Dirección: Avda. Santiago Apóstolo, nº5, 32101, Vilamarín.
Correo electrónico: concello.vilamaríEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfono: 988 28 60 00