Gardería
Este outro edificio, tamén ubicado na zona de servizos do Concello, inaugurado en setembro do 2008, conta con capacidade para 41 nenos de entre 3 meses a 3 anos. Este centro se distribue en salas perfectamente acondicionadas para a súa función. Consta de recibidor e sala de usos multiples, aula “Rincón das letras”, aula “Rincón de grafo e motricidade”, “Rincón de xogo”, dormitorio, cociña e aseos.
Horario e calendario escolar:
O centro permanecerá aberto dende o 1 de setembro, de luns a venres dende as 8:00 ata as 15:00. ??????????????????
Documentos precisos para a inscripción:
-
Fotocopia do libro de familia onde conste o nome do alumno/a para o que se solicita o ingreso.
-
Fotocopia do D.N.I. dos pais, tutores ou representantes legais.
-
Certificado de empadroamento e convivencia expedido polo Concello.
-
Certificado médico do neno/a acreditando que non sofre enfermidade infecto-contaxiosa.
-
Fotocopia da tarxeta de vacinacións.
-
Fotocopia da tarxeta da seguridade social ou documento equivalente.
-
Tres fotografías tamaño carné.
-
Autorización por escrito das persoas que poden recoller o neno/a.
-
En caso de que o neno/a esté suxeito a algún tratamento médico, será precisa a autorización por escrito dos pais, tutores ou representantes legais, indicando as características do tratamento e as horas de administración da dose correspondente.
-
Informe dos pais, tutores ou representantes.