Proteccion Civil

 proteccion civil11

 A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilamarín ven prestando, dende a súa creación en 1995, moitísimas actuacións de protección das persoas e dos bens do Concello de Vilamarín e doutros concellos colindantes. Conta, actualmente, con un total de 80 voluntarios?????????????.

   A Agrupación ten a súa base de actuacións na estrada nacional 525, no km 253, en un local propiedade do Concello de Vilamarín, con unha superficie aproximada de 158 m2 á que se lle deu o nome de “A Caseta”.

   Atendendo ó ámbito de actuación, as actividades que desenrola pódense clasificar en tres puntos:

  • Colaboración cos servizos centrais da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, atendendo as chamadas da Central de Emerxencia 112, ante situacións de emerxencia, catástrofe ou calamidade. Actuación coordinada coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Bombeiros, Policía Local, entidades privadas, etc. procurándo facilitarlles tanto medios humáns como materiais precisos para asumir a dirección e coordinación da emerxencia.

  • Prestamos axuda ante a chamada de outras Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e de outros concellos para cubrir eventos multitudinarios ou de calquer outro tipo.

  • En cada ano xubileo, cúbrese o treito da “Ruta da Prata” que transcorre polo noso Concello, ademais de colaborar cos concellos colindantes.

   Segundo a tipoloxía, as actividades máis demandadas son as seguintes:

 

  • Colaboración en traslados sanitarios de persoas feridas en accidentes.

  • Colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade e Bombeiros en accidentes.

  • Intervención en  incendios forestales ou urbáns.

  • Retirada de animais feridos ou mortos.

  • Funcións de previsión ou prevención en eventos multitudinarios como poden ser romarías, festas tradicionais, eventos deportivos….

   Salientar que na “Caseta” os voluntarios, ademais de ter a súa base, dispoñen dun refuxio para que os peregrinos que o desexen poidan descansar no noso concello, pois está a súa disposición todos os días do ano, ainda que, cando máis persoas recibe é cando se celebra o Ano Xacobeo.

   Teléfono Central de Emerxencias: 112

   Teléfono atención ó público: 607 207570.