Mancomunidade de Santa Agueda (Servizo de Recadación)

 concello antiguo

O Servizo de Recadación do Concello de Vilamarín ten delegadas as súas competencias na Mancomunidade de Santa Águeda, composta polos concellos de Vilamarín, Coles, Amoeiro e A Peroxa. O Servizo ten como función a recadación dos tributos (impostos e tasas) da Mancomunidade. Os impostos son o IBI, o IVTM e o IAE. As tasas son pola recollida  do lixo e pola auga.

  Os prazos son voluntarios para cada concello, pero xeralmente a Mancomunidade ponse dacordo para unificalos para todos os concellos quedando así:

  • IVTM e Lixo, nos meses de febreiro e marzo.

  • IBI e IAE, nos meses de setembro e outubro.

  • Auga, mediante recibos trimestrais. Neste caso, os recibos pódense pagar no Servizo de Recadación ou mediante domiciliación bancaria.

   Horario de atención ó público: de 8:30h a 14:30h de luns a venres.

   Teléfono de atención ó público: 988 281930.

   Dirección: A Pena de Reádegos nº.5,  (32101) Vilamarín – (Ourense)